Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Arqueoloxía aplicada
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Saídas de estudo/prácticas de campo A viaxe de estudios será avaliada, amáis de pola asistencia, mediante a entrega dunha breve memoria de prácticas 10
Presentacións/exposicións Os contidos tratados nos seminarios serán avaliados mediante a presentación/exposición por parte dos alumnos, a xeito de clase maxistral, do subtema especifico elixido.
Valoraránse os contidos e metodoloxía da propia exposición, así como a entrega dun guión por escrito.
10
Seminarios Os contidos tratados nos seminarios serán avaliados mediante a presentación/exposición por parte dos alumnos, a xeito de clase maxistral, do subtema especifico elixido.
Valoraránse os contidos e metodoloxía da propia exposición, así como a entrega dun guión por escrito.
20
Sesión maxistral Os contidos presentados nas sesións maxistrais serán avaliados mediante unha proba de resposta curta (exame tipo test). 50
Outras Asistencia ás clases presenciais (sesións maxistrais, presentacións/exposicións) e avaliación do grao de participación nas mesmas 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos.  Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas.

Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final. Para aqueles estudantes que non poidan acollerse á modalidade presencial,  consistirá nun exame dos contidos da sesión maxistral (60%) e mais na entrega de sendos traballos escritos, ún deles bibliográfico sobre calquera subtema específico do temario (30%) e o outro consistente nun breve informe sobre algún xacemento arqueolóxico que visiten pola súa conta (10%). O tamaño, contido e outras condicións destes traballos serán acordadas previamente co profesor da materia. Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000