Prácticas en aulas de informática |
A avaliación realizarase mediante a elaboración dun informe, dossier ou memoria de prácticas. |
5 |
Traballos tutelados |
Elaboración, montaxe e entrega dun traballo persoal de investigación histórica a partir da lectura e análises de fontes documentais. |
30 |
Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Os/as alumnos/as que non se poidan acoller á modalidade presencial, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita na que se incluirán preguntas teóricas ou de desenvolvemento relativas ós conceptos e contidos básicos da mesma, xunto cunha pregunta práctica, que suporá o 70% da súa cualificación final. O 30% restante será completado a través dun traballo obrigatorio sobre os contidos do programa da materia, a convir co docente, que os/as alumnos/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da mentada proba escrita. |