Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Paleografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba de resposta curta na que o alumnado deberá resolver e explicar exercicios sobre datación documental, desenvolvemento de abreviaturas e normas de edición realizados sobre fontes manuscritas. 40
Seminarios Os seminarios avaliaranse mediante unha proba práctica de execución de tarefas reais na que o alumnado deberá datar, rexestar e transcribir un documento manuscrito. 50
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a asistencia e participación do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo).


Aqueles estudantes que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba práctica de execución de tarefas reais na que o alumnado deberá datar, rexestar e transcribir un documento manuscrito (50% da nota final) e unha proba de resposta curta na que o alumnado deberá resolver e explicar exercicios sobre datación documental, desenvolvemento de abreviaturas e normas de edición realizados sobre fontes manuscritas (50% da nota final).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000