Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral As sesións maxistrais que desenrolan parte do temario do programa serán avaliadas mediante dúas probas:
<br>Unha de respota curta a mediados do cuadrimestre e outra de resposta longa ao final de curso
40
Seminarios
Os seminarios e clases prácticas serán avaliados mediante tres informes o memorias:
Un comentario de texto
A recensión dun libro monográfico
Un informe sobre a práctica de campo
20
Traballos tutelados Os temas monográficos preparados polos alumnos en pequenos grupos de traballo, avaliaránse: o guión do traballo, a estructura e contidos, as fontes e bibliografía empregadas, así como a exposición oral ante a profesora e o resto de alumnado 30
Traballos de aula Idem sesión maxistral 0
Outras A entrega puntual dos traballos, informes de prácticas, así como a asistencia e participación activa dos alumnos nas clases 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais. Aqueles alumnos que non se acollan á modalidade presencial examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico ou bibliográfico relacionado coa materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. 

Examen final:

Desenvolvemento dun tema  ou pregunta amplia: 40% 

Un comentario de texto: 30%

Traballo práctico: 30%.

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000