Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividade encamiñada a tomar contacto cos alumnos e presentarlles o programa docente da asignatura
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos dalgúns temas do programa, así como as bases teóricas e directrices doutros traballos a desenrolar polos alumnos
Eventos docentes e/ou divulgativos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Seminarios Actividades encamiñadas a complementar os contidos da materia mediante a realización de pequenos traballos: comentario de texto, recensión dun libro monográfico, informe sobre a práctica de campo.
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia de xeito que computan nas actividades dirixidas.
Traballos tutelados Os alumnos preparan en pequenos grupos un tema monográfico da materia que require búqueda e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, elaboración do guión, selección de textos e interpretación histórica.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante a profesora e o resto da clase do tema monográfico seleccionado (traballo tutelado).
Saídas de estudo/prácticas de campo Acividade de aplicación dos coñecementos a realidades do entorno: visita de mosteiros, castelos, vilas... e lectura histórica da paisaxe
Traballos de aula Actividade que se realizará na aula e baixo as directrices e supervisión da profesora, na que se traballarán as metoloxías que permiten a elaboración dos contidos teóricos dun tema.
Titoría en grupo Sesión que realiza a profesora cos alumnos para asesorarlles nas actividades a desenrolar, resolver dúbidas e problemas, e facer un seguimento do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000