Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A proba escrita consistirá en preguntas concretas sobre a temática exposta na aula, tanto de carácter teórico como práctico. Ademáis dos coñecementos adquiridos, espírito crítico e capacidade de síntese, deberán mostrar a súa capacidade de expresión escrita na lingua propia. 60
Seminarios Analises e comentarios críticos das fontes que nos proporcionan o coñecemento da historia antiga: textos, iconografía e material arqueolóxico. Poderá completarse cun análise crítico dalgún documental visionado na aula.
Valoraranse a capacidade de relacionar esas fontes co material teórico e a capacidade oral e escrita-
20
Traballos tutelados Dous traballos breves:
1. En grupo, dun máximo de 2, resumo sobre un aspecto da sociedade das culturas do temario que se concretará a inicicios do curso. Podereá ser exposto ou ser presentado por escrito
2. Breve ensaio que se entregará en formato presentación sobre un perosnaxe destacado da antigüidade de Exipto, Grecia ou Roma
5
Presentacións/exposicións As presentacións e exposicións se relacionan cos traballos tutelados. O primeiro dun personaxe significativo de cada unha das tres culturas expostas., entregarase en formato presentación, O segundo dun aspecto significativo da sociedade será exposto por un dos estudantes a elección do profesor. A cualificación será compartida polos/as integrantes do grupo.Terase en conta a capacide de expesión oral na lingua propia, a capacidade de síntese e o formato da presentación. 5
Outras Asistencia e participación activa nas sesións tanto teóricas como prácticas 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos/as os /as estudantes matriculados na materia teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final (artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo.

Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán
avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba
escrita, que suporá o 70% da nota final. Esta proba consitirá en 6
preguntas curtas, un comentario de texto e a resolución dun mapa mudo. O
estudante deberá entregar un traballo obrigatorio, sobre un tema que se
determinará dacordo co responsable da materia sobre un aspecto da
sociedade dos temas tratados, deberá entregalo no momento de realizar a
proba escrita e representará un 30% da cualficación global.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000