Guia docente 2014_15
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Exposición e debate sobre os coñecementos previos dos/as estudantes sobre o temario a expoñer e aclaración dos aspectos básicos da materia
Sesión maxistral Exposicións teóricas sobre o temario co apoio ilustrativo dos textos antigos e material gráfico e iconográfico
Seminarios Debates e análise das fontes de coñecemento da Historia Antiga, especialmente literarias, en relación cos temas expostos nas sesións maxistrais.
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Titoría en grupo Aclaración de dúbidas sobre a materia, principalmente daquelas relacionadas co traballo individuais e en grupo e as prácticas cos textos literarios
Traballos tutelados A. En grupo: máximo dúas personas, a escoller un tema relacionado cos aspectos da sociedade de Exipto, Grecia ou Roma
B. Individual: Ensaio breve sobre personaxes destcados nesas culturas da Antigüidade
Eventos docentes e/ou divulgativos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Presentacións/exposicións Os/as estudantes escollerán un personaxe de relevancia das culturas tratadas. Deberán entregar unha presentación que será colgada da plataforma docente; en torno a estas presentacións realizarase un debate, na aula ou virtual.
O traballo en grupo referido a un aspecto social será exposto por un dos/as estudantes, a elección da docente, durante 10 ou 15 minutos. Esta presentación tamén será colgada na plataforma docente

Nas exposicións se terá en conta a capacide de expresión oral e os medios empregados
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000