Guia docente 2012_13
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Exposición e debate sobre os coñecementos previos dos/as estudantes sobre o temario a expoñer e aclaración dos aspectos básicos da materia
Sesión maxistral Exposicións teóricas sobre o temario co apoio ilustrativo dos textos antigos e material gráfico e iconográfico
Seminarios Debates e análise das fontes de coñecemento da Historia Antiga en relación cons temas expostos nas sesións maxistrais.
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia
Titoría en grupo Aclaración de dúbidas sobre a materia, principalmente daquelas relacionadas cos traballos individuais e en grupo
Traballos tutelados A. En grupo: máximo tres personas, a escoller un tema relacionado preferentemente cos aspectos sociais
B. Individual: Ensaio breve sobre personaxes destados nas culturas da Antigüidade
Presentacións/exposicións Os/as estudantes escollerán en cada unha das culturas tratadas un personaxe. De xeito individual, expoñerán nun tempo máximo de 10 minutos, as características máis salientables.
Así mesmo do traballo en grupo referido a un aspecto social, un deles, a elección da docente, expoñerá nun tempo máximo de 20 minutos os aspectos máis significativos.

Nas exposicións se terá en conta a capacide de expresión oral e os medios empregados
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000