Guia docente 2013_14
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Espazos e sociedades
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Proba tipo test para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 50
Estudo de casos/análises de situacións Cumplimentación do protocolo de analise dunha situación ou problemática xa dada ou que pode darse (lecturas-materiais audiovisuais), tendo en conta os diferentes actores involucrados, os antecedentes, e as condicións dinámicas da situación. 10
Traballos tutelados Traballos-Proxectos desenvolvidos na materia. Entrega, presentación e defensa dos resultados obtidos na elaboración dunha investigación, de maneira individual ou en grupo, relacionada tamén coas practicas autónomas TIC).
30
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valoraráse a asistencia e a participación do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo alumno matriculado terá dereito a exame final, do programa íntegro da materia (70 % da calificación) e presentando un traballo desenvolvido na temática da materia (30 % da calificación).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000