Seminarios |
Os seminarios serán avaliados mediante unha proba escrita de estudo de caso / análise de situación. |
10 |
Outras |
Asistencia ás clases presenciais e avaliación cualitativa do grao de participación nas mesmas. |
10 |
Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final, consistente nun exame dos contidos da sesión maxistral (50%), nunha proba de estudo de caso de avaliación do seminario (10%) e mais na entrega dun relatorio/memoria de prácticas (30%) ou ben traballo alternativo equivalente a acordar co profesor. Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos. Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas. Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria, coa salvedade de que o 10% asignado á asistencia pasará a repartirse entre o exame (55%) e as actividades prácticas (45%). |