Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Teoría e método da arqueoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio serán avaliadas mediante a entrega dun relatorio ou memoria de prácticas. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, incluíndo especialmente os resultados dos exercicios prácticos realizados. 30
Seminarios Os seminarios serán avaliados mediante unha proba escrita de estudo de caso / análise de situación. 10
Sesión maxistral Os contidos expostos nas sesións maxistrais serán avaliados mediante unha proba escrita de resposta curta. 50%
Outras Asistencia ás clases presenciais e avaliación cualitativa do grao de participación nas mesmas. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final, consistente nun exame dos contidos da sesión maxistral (50%), nunha proba de estudo de caso de avaliación do seminario (10%) e mais na entrega dun relatorio/memoria de prácticas (30%) ou ben traballo alternativo equivalente a acordar co profesor.

Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos.  Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas.

Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria, coa salvedade de que o 10% asignado á asistencia pasará a repartirse entre o exame (55%) e as actividades prácticas (45%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000