Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación práctica dos coñecementos e de adquisición de habilidades procedementais, utilizando aparatos (ordenador, estereoscopo, teodolito etc.) e manexando materiais (programas informáticos, cartografía, fotografía aérea etc) propios da metodoloxía arqueolóxica. Desenvolveranse no laboratorio de Arqueoloxía (LAUV) e nos terreos do campus próximos á facultade. |
Titoría en grupo |
Entrevistas en grupo entre o profesor e o alumno realizadas na aula. Teñen por obxectivo o asesoramento e resolución de dúbidas da materia, especialmente no proceso de realización de traballos ou memorias de prácticas, así como a preparación específica para a realización das probas de avaliación, especialmente do exame escrito. |
Seminarios |
Actividades en grupo reducido enfocadas ao traballo sobre un tema específico e concreto, especialmente a resolución de exercicios e casos prácticos sobre o tema.
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia. |