Guia docente 2009_10
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Teoría e Método da Arqueoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación práctica dos coñecementos e de adquisición de habilidades procedementais, utilizando aparatos (ordenador, estereoscopo, teodolito etc.) e manexando materiais (programas informáticos, cartografía, fotografía aérea etc) propios da metodoloxía arqueolóxica. Desenvolveranse no laboratorio de Arqueoloxía (LAUV) e nos terreos do campus próximos á facultade.
Titoría en grupo Entrevistas en grupo entre o profesor e o alumno realizadas na aula. Teñen por obxectivo o asesoramento e resolución de dúbidas da materia, especialmente no proceso de realización de traballos ou memorias de prácticas, así como a preparación específica para a realización das probas de avaliación, especialmente do exame escrito.
Actividades introdutorias Sesión de aula encamiñada a tomar contacto co alumnado, así como a presentar a materia (obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación).
Seminarios Actividades en grupo reducido enfocadas ao traballo sobre un tema específico e concreto, especialmente a resolución de exercicios e casos prácticos sobre o tema.
Sesión maxistral Exposición na aula, por parte do profesor, dos contidos sobre a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000