Guia docente 2009_10
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Modelos de Interpretación das Sociedades Preestatais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2009_10
Materia Historia: Modelos de Interpretación das Sociedades Preestatais Código O02G250V01105
Titulación
Grao en Xeografía e Historia
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Historia, arte e xeografía
Coordinador/a
Comendador Rey, Beatriz Pilar
Correo-e beacomendador@uvigo.es
Profesorado
Comendador Rey, Beatriz Pilar
Web
Descrición xeral A materia Modelos de interpretación das sociedades preestatais impártese no 1º ano do Grao de Xeografía e Historia, dentro do bloque de formación básica en Historia.
O seu papel básico é dotar ao alumno dos criterios teóricos necesarios para a comprensión da dinámica das sociedades preestatáis na orde económica, político e social, así como dos procesos de cambio histórico. Dende este punto de vista ten relación coas materias de Prehistoria universal, impartida no 1º ano dentro do bloque de Historia universal, así como outras materias de formación básica, especialmente Teoría e método da Arqueoloxía e Introdución á historiografía.
Os coñecementos adquiridos nesta materia son instrumentos fundamentais na articulación dun dircuso sobre sociedades pasadas e constitúen unha ferramenta fundamental na súa formación profesional.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000