Guia docente 2013_14
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Fontes de información en humanidades
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesións de aula encamiñadas a tomar contacto co alumnado, presentar a materia e coñecer as súas competencias, motivacións e intereses.
Sesión maxistral Exposicións introdutorias nas que se familiarizará o alumnado coas principais fontes de información, a súa valoración crítica, os recursos de recompilación existentes e a utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas.
Eventos docentes e/ou divulgativos Saída de estudos na que se analizará in situ unha ruta de turismo cultural.
Asistencia a conferencias e debates sobre Historia, Arte e Xeografía nos que se analizarán as fontes de información utilizadas.
Obradoiros Prácticas na aula de informática nas que se utilizarán os recursos elctrónicos de selección de información e os estilos e xestores de referencias bibliográficas para buscar, valorar e presentar as fontes de información necesarias para elaborar un itinerario cultural por Ourense.
Traballos tutelados Actividades en grupo nas que se tutelará a realización dun proxecto consistente na búsqueda, valoración e presentación das fontes de información necesarias para elaborar un itinerario cultural por Ourense.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000