A materia Fontes de información en humanidades permítelle ao alumnado identificar e coñecer a natureza, función e tipoloxía das principais fontes de información no ámbito das humanidades.
Permite tamén coñecer e utilizar os principais instrumentos e recursos de recompilación de información existentes, coa fin de elaborar repertorios de fontes de información en Historia, Historia da arte e Xeografía.
Por último, capacita aos estudantes para utilizar con destreza distintos estilos de citas e referencias bibliográficas.