Guia docente 2019_20
Facultad de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia y Tecnología Agroalimentaria y Ambiental
 (*)

(*)

D. FRANCISCO JAVIER RODRÍGUEZ RAJO, COORDINADOR DO MESTRADO EN CIENCIA E TECNOLOXÍA AGROALIMENTARIA E AMBIENTAL

 Informa,

Que a suspensión de actividades presenciais polo covid-19 tivo repercusión nas seguintes materias do Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental :

·         Implicacións ambientais das partículas biolóxicas atmosféricas

·         Cambio climático global e o seu impacto nos ecosistemas terrestres

·         Ecoloxía da polinización Investigación e aplicacións

·         Biotratamento de residuos orgánicos

·         Biomasa: cultivos enerxéticos

·         Bioclimatoloxía de plantas de interese económico

·         Acondicionamento organoléptico

·         Biotecnoloxía agroalimentaria

·         Deseño de novos produtos alimentarios

As modificacións en moitas materias foron menores por mor de que o carácter semipresencial do Mestrado xa permite que as asignaturas se poidan impartir de forma non presencial. Este foi o caso das materias:

·         Implicacións ambientais das partículas biolóxicas atmosféricas

·         Biomasa: cultivos enerxéticos

·         Bioclimatoloxía de plantas de interese económico

·         Biotecnoloxía agroalimentaria

Se realizaron diferentes modificacións nas seguintes materias, as cales se detallan no informe:

·         Cambio climático global e o seu impacto nos ecosistemas terrestres: Non se valorará a exposición oral no traballo do seminario.

·         Ecoloxía da polinización Investigación e aplicacións: Non se valorará a exposición oral dun tema.

·         Biotratamento de residuos orgánicos: O 20% da cualificación por participación se refire a asistencia as videoconferencias das leccións maxistrais ou no seu defecto a revisión das presentacións con audio subidas a Plataforma FAITIC .

·         Acondicionamento organoléptico: Suprímese o Traballo tutelado, co fin de reducir as tarefas ao estudantado. Porcentaxes da cualificación final:

§  Informe e defensa dos boletíns de cuestións e problemas (55%)

§  Habilidade na realización das prácticas e informes das mesmas: 40%

§  Informes de visitas e conferencias: 5%. Entregarase un informe de un folio por cada visita e conferencia realizada (mínimo una).

·         Deseño de novos produtos alimentarios: No traballo tutelado somentes se terá en conta a entrega do traballo e non a exposición. O realizar as prácticas de laboratorio a través de videoconferencia o 10% de porcentaxe na avaliación se redistribuirá no traballo tutelado. A cualificación final será:

§  30% probas de resposta curta

§  10% entrega de casos prácticos

§  60% entrega de traballos tutelados.

 E para que conste, asino o presente documento en Ourense, a cinco de maio de dous mil vinte,

 Asinado. Francisco Javier Rodríguez Rajo

Presidente da Comisión Académica

Guías docentes modficadas polo covid19Informe cambios guias docentes master cytaa motiva
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000