Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Análise de Datos en Cinéticas Microbianas e Enzimáticas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

1. MODALIDADE MIXTA: unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto da U. de Vigo.
1.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
1.1.1. LECCIÓN MAXISTRAL: As clases maxistrais mantéñense. Unha parte da docencia realizarase de modo presencial, e a parte non presencial impartiranse mediante vídeos pregrabados ou a través de videoconferencia no Campus Remoto da U. de Vigo.
1.1.2. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS DE FORMA AUTÓNOMA: A resolución de problemas de forma autónoma mantense e realizarase de forma non presencial.
1.1.3. TRABALLO TUTELADO: O traballo tutelado mantense e realizarase de forma non presencial.
1.1.4. TUTORÍAS: Realizaranse no despacho virtual do profesor, con cita previa.

1.2. AVALIACIÓN:
1.2.1. LECCIÓN MAXISTRAL: Supoñerá un 20% da nota final: 5% por asistir ás clases teóricas presenciales y 15% por contestar ás preguntas formuladas polo profesor.
1.2.2. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS DE FORMA AUTÓNOMA: Supoñerá un 30% da nota final, pola entrega (non presencial) de todos os exercicios correctamente resoltos a través da plataforma de teledocencia (Faitic).
1.2.3. TRABALLO TUTELADO: Supoñerá o 50% da nota final, polo deseño dun traballo de investigación correctamente desenvolvido: entrega (non presencial), ou exposición do mesmo (presencial) a non ser que se diga o contrario.
1.3. TUTORÍAS: Realizaránse no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa ó email do profesor.

2. MODALIDADE NON PRESENCIAL: toda a docencia realizarase a través do Campus Remoto da U. de Vigo.
2.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
2.1.1. SESIÓN MAXISTRAL: As clases maxistrais se impartiran mediante vídeos pregrabados ou a través de videoconferencia no Campus Remoto da U. de Vigo. Non se modificarán os contidos a impartir.
2.1.2. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS DE FORMA AUTÓNOMA: As dúbidas dos estudantes resolveranse de forma non presencial a través de correos electrónicos, ou de ser o caso, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, turnándose os alumnos por grupos pequenos (previamente definidos polo profesor), ou personalmente, non despacho virtual do profesor, pedindo cita previa ó email do profesor. Non se modificarán os contidos a impartir.
2.1.3. TRABALLO TUTELADO: As dúbidas dos estudantes resolveranse de forma non presencial a través de correos electrónicos, ou de ser o caso, a través do Campus remoto da Universidade de Vigo, no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa ó email do profesor. Non se modificarán os contidos a impartir.

2.2. AVALIACIÓN: No caso da lección magistral, outorgarase un 20% da nota final por contestar correctamente ás preguntas formuladas polo profesor ao final de cada actividade.
A avaliación da resolución de problemas de forma autónoma supoñerá un 30% da nota final pola entrega (non presencial) de todos os exercicios correctamente resoltos a través da plataforma de teledocencia (Faitic).
A avaliación do traballo tutelado supoñerá o 50% da nota final polo deseño dun traballo de investigación correctamente desenvolvido: entrega (non presencial), ou exposición virtual do mesmo nas datas indicadas polo profesor, no seu despacho virtual no Campus Remoto da U. de Vigo.
2.3. TUTORÍAS: Realizaránse no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa ó email do profesor.
2.4. ¿OUTROS ASPECTOS? Para facilitar a auto-aprendizaxe, o profesor facilitará ao alumnado os diferentes temas da asignatura en forma dun folleto en pdf que se colgará na plataforma de teledocencia (Faitic). En todo caso, os apuntamentos das clases disponibilizados a través da plataforma de teledocencia deberan ser suficientes para garantir a aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000