Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Autenticidade Alimentaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== MODALIDADE MIXTA ===
Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Nesta modalidade non se prevén cambios xa que o número de alumnos que normalmente cursa esta materia é o suficientemente baixo como para poder garantir as medidas de distanciamento social.


=== MODALIDADE NON PRESENCIAL===
Toda a docencia se realizara mediante as ferramentas habilitadas no Campus Remoto da Universidade de Vigo.

1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
1.1. SESIÓN MAXISTRAL: non se prevén cambios nesta metodoloxía.
1.2. PRÁCTICAS DE LABORATORIO: sustituirase a realización de prácticas de laboratorio presenciais por videotutoriais explicativos das prácticas que se porán a disposición dos alumnos a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Unha vez visualizados os vídeos os alumnos deben responder a un cuestionario.
1.3. ESTUDOS DE CASOS: non se prevén cambios nesta metodoloxía.

2. TITORÍAS: as titorías levaranse a cabo no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa a través do correo electrónico do profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000