=== MODALIDADE MIXTA ===
Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Nesta modalidade non se prevén cambios a nivel de metodoloxía. As titorías levaranse a cabo ben no despacho físico do profesor ou ben no seu despacho virtual, en función das necesidades, pedindo cita previa a través do correo electrónico do profesor.
=== MODALIDADE NON PRESENCIAL===
Toda a docencia realizarase empregando as ferramentas habilitadas no Campus Remoto da Universidade de Vigo. Nesta modalidade non se prevén cambios a nivel de metodoloxía. As titorías levaranse a cabo no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa a través do correo electrónico do profesor. |