Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Acondicionamento Organoléptico
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Os conceptos teóricos van ser expostos en leccións maxistrais tipo "disputatio", utilizando pizarra, diaporamas e outros medios audiovisuais. Se lles farán preguntas ós alumnos durante a exposición dos temas para fomentar a súa participación.
Seminario Nas clases seminario vanse a plantexar problemas e cuestións que os alumnos empezarán a resolver primeiro en clase e despois fóra da aula. Poden elaborarse en grupo ou de forma individual.
Resolución de problemas Os alumnos deben contestar ós problemas e exercicios plantexados nos boletíns de cada tema (un boletín por tema) e deben entregalos ó profesor nas datas previstas.
Prácticas de laboratorio Realizarán 3-4 prácticas de laboratorio con determinados alimentos, co fin de que aprendan a coñecer as propiedades sensoriais de varios grupos de alimentos. Cada alumno debe entregar un informe individual por cada práctica realizada.
Traballo tutelado Debe elaborarse un traballo, preferiblemente diseñarase unha cata de alimentos (individual ou en grupo de 2 personas) que se exporá o último día de clase.
Eventos científicos Cada alumno debe asistir, como mínimo, a unha conferencia divulgativa ou a unha visita (a una empresa, instituto de investigación...) planificada por o profesor, durante o curso académico. A visita tamén pode ser virtual, a un portal ou a unha páxina web relacionada coa materia. Debe entregarse un informe por cada conferencia/visita.
Aprendizaxe-servizo Deben impartir a lo menos un taller de cata de alimentos, dentro das actividades do proxecto APS Conservando km 0, para grupos de 15 persoas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000