Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Produción de Compostos Base a partires de Residuos Lignocelulósicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Como emisor: Valorarase a organización e síntese do material presentado, a claridade na exposición, e a resposta ás preguntas realizadas.
Como receptor: Valorarase a participación na exposición dos compañeiros, tendo en conta os comentarios/cuestións realizadas
35 A1
C1
D1
D3
D4
D7
D8
D11
Traballo tutelado Calidade do traballo realizado, información consultada. 30 A1
C1
C8
C10
D1
D4
D6
D8
D9
D11
Lección maxistral Realización dun exame da materia. Incluirá preguntas relativas a conceptos teóricos explicados na aula. 35 A1
B4
C1
C8
C10
D3
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  1. A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. O alumno que desexe a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberá comunicalo ao responsable da materia por correo electrónico nun prazo non superior a un mes dende o inicio da impartición da materia.
  2. É necesario obter unha cualificación mínima de 4.0 sobre 10 en cada apartado para a superación da materia (Exame, prácticas de laboratorio, exposicións e seminarios).
  3. No caso de alumnos que non poidan asistir presencialmente deberán demostrar que posúen os coñecementos da materia. Deberán facer o exame da materia, elaborar un traballo, cuxa presentación pode realizarse mediante un video que subirán na plataforma de teledocencia.
  4. En xullo o alumno poderá optar por examinarse do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria anterior, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias.
  5. A comunicación cos alumnos realizaráse a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
  6. As datas de exame son as aprobadas pola Facultade de Ciencias e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000