Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Produción de Compostos Base a partires de Residuos Lignocelulósicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Realización dun exame da materia. Incluirá preguntas relativas a conceptos teóricos, metodoloxías de produción, métodos analíticos e casos prácticos 35
CB1
CG4
CE1
CE8
CE10
CT3
CT5
CT8
Prácticas de laboratorio Valorarase a actitude e aptitude no laboratorio, a calidade dos resultados obtidos, e as respostas/comentarios ás preguntas realizadas. 25
CB1
CG4
CE1
CE8
CE10
CT1
CT2
CT6
CT9
CT10
CT11
Presentación Como emisor: Valorarase a organización e síntese do material presentado, a claridade na exposición, e a resposta ás preguntas realizadas.
Como receptor: Valorarase a participación na exposición dos compañeiros, tendo en conta os comentarios/cuestións realizadas
20
CB1
CE1
CT1
CT3
CT4
CT7
CT8
CT11
Seminario Valorarase a actitude e aptitude, asi como a destreza no emprego das ferramentas informáticas requiridas (folla de cálculo, software de análise de cromatogramas), e o material elaborado. 20
CB1
CE1
CE8
CE10
CT1
CT4
CT6
CT8
CT9
CT11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  1. É necesario obter unha cualificación mínima de 4.0 sobre 10 en cada apartado para a superación da materia (Exame, prácticas de laboratorio, exposicións e seminarios).
  2. No caso de alumnos que non poidan asistir presencialmente deberán demostrar que posúen os coñecementos e as habilidades no laboratorio requeridas. Deberán facer o exame da materia, elaborar un traballo, cuxa presentación pode realizarse mediante un video que subirán na plataforma de teledocencia, resolver casos tratados en seminarios, e realizar un exame dos aspectos de laboratorio. Non obstante, no caso das prácticas de laboratorio prégase que dentro do posible se asista presencialmente. 
  3. En xullo o alumno poderá optar por examinarse do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria anterior, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias.
  4. A comunicación cos alumnos realizaráse a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
  5. Datas previstas para a realización dos exames: 20 de Marzo de 2020 ás 11.00 e 7 de Xullo de 2020 ás 11.00
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000