Traballo tutelado |
Calidade do traballo realizado, información consultada. |
30 |
A1
|
|
C1 C8 C10
|
D1 D4 D6 D8 D9 D11
|
- A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. O alumno que desexe a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberá comunicalo ao responsable da materia por correo electrónico nun prazo non superior a un mes dende o inicio da impartición da materia.
- É necesario obter unha cualificación mínima de 4.0 sobre 10 en cada apartado para a superación da materia (Exame, prácticas de laboratorio, exposicións e seminarios).
- No caso de alumnos que non poidan asistir presencialmente deberán demostrar que posúen os coñecementos da materia. Deberán facer o exame da materia, elaborar un traballo, cuxa presentación pode realizarse mediante un video que subirán na plataforma de teledocencia.
- En xullo o alumno poderá optar por examinarse do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria anterior, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias.
- A comunicación cos alumnos realizaráse a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
- As datas de exame son as aprobadas pola Facultade de Ciencias e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Centro.
|