=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
MODALIDADE NON TOTALMENTE PRESENCIAL OU MIXTA
(Unha parte da docencia realizarase de modo presencial e outra parte a través do Campus Remoto da U. de Vigo)
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense aquelas metodoloxías xa planificadas para realización fora de aula, asi como as practicas en laboratorio
* Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías de impartición oral pasan a realizarse de forma mixta, parte en aula e parte a través do Campus Remoto
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán serán atendidas mediante correo electrónico ou ben a través do Despacho Virtual do profesor, con cita previa
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non hai modificacións nin nas probas a realizar nin na ponderación das mesmas
MODALIDADE NON PRESENCIAL
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense aquelas metodoloxías xa planificadas para realización fora de aula
* Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías de impartición oral pasan a realizarse a través do Campus Remoto. No caso das prácticas de laboratorio pasan a impartirse a través do Campus Remoto os seus fundamentos e desenvolvemento experimental, con apoio de vídeos e/ou material audio-visual. Subministrarase ao alumnado datos para o seu posterior tratamento
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías poderán serán atendidas mediante correo electrónico ou ben a través do Despacho Virtual do profesor, con cita previa
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
De asi ser indicado polas autoridades académicas, os exames serán realizados de forma virtual. A presentación de traballos tutelados será igualmente realizada de forma virtual, mediante o Campus Remoto. Non hai modificacións na ponderación das diferentes probas
|