Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Bioclimatoloxía de Prantas de Interese Económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor presentará os contidos dos temas incluídos no programa da materia coa axuda de presentacións de powerpoint presencialmente ou de forma semipresencial a traves da aula Virtual que se lle asigne á materia, en función das circunstancias e as recomentacións das autoridades sanitarias e académicas competentes. Os alumnosa terán eses contidos na páxina correspondente á materia no portal de teledocencia FAITIC.
Seminario Nos seminarios aprenderán a resolver distintos tipos de problemas sobre aspectos aplicados da Bioclimatología. Ensinaráselles a buscar os datos climáticos, a procesalos e a buscar as relacións coa produción ou a calidade das colleitas agrícolas, que son competencias que terán que utilizar no estudo do caso que deberán resolver e que se detalla na seguinte metodoloxía.
Impartiranse de forma presencial ou semipresencial a traves da aula Virtual que se lle asigne á materia, en función das circunstancias e as recomendacións das autoridades sanitarias e académicas competentes.
Estudo de casos Os alumnos traballarán nun caso con datos reais de produción e/ou calidade de cultivos concretos, nunha comarca á súa elección e de varias campañas agrícolas recentes..
O estudo comenzará recollendo os datos climáticos, para facer un tratamento preliminar para detectar os datos anómalos e rechear as lagoas, antes de calcular os índicies bioclimáticos e artellar os correspondentes diagramas climáticos.
Unha vez obtidos e procesados eses datos deberán de buscar as eventuais correlacións coa produción/calidade das colleitas seleccionadas, para identificar os factores e períodos críticos que as poideron condicionar. Os resultados recolleranse nun informe que irá acompañado dun resumo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000