Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Avaliación da Transferencia de Contaminantes Atmosféricos ao Sistema Planta-Solo-Auga
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia (de forma individualizada) e a participación en actividades informais (debates, discusións,...) 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase asistencia e participación individualmente na resolución ou debates sobre as temáticas propostas 10
Seminarios Valorarase asistencia e participación nas discusións relacionadas coa avaliación e significado dos resulatdos das publicacións científicas relacionadas coa temática da materia. 20
Traballos tutelados Avaliarase a proposta de proxecto ou actividade investigadora en canto a súa novidade, relevancia e grao de desenvolvemento. Tamén se terá en conta a calidade do documento final e a exposición da actividade proposta. 65
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aqueles alumnos/as que desenvolvan paralelamente unha actividade profesional fora do ámbito universitario

(debidamente acreditada mediante copia oficial do contrato de traballo), a avaliación recairá no apartado de traballo tutelado que terán que desenvolver de forma individualizada (70%) e na entrega de dous documentos de texto vinculados a actividades relacionadas con seminarios (30%).
Casos particulares serán revisados de forma especial, a condición de que o responsable/s da materia consideren que o alumno/a adquira as competencias específicas da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000