Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Cambio Climático Global e o seu Impacto nos Ecosistemas Terrestres
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Valorarase a asistencia e participación, así como as respostas posteriores a preguntas realizadas en clase 20
Resolución de problemas Valorarase a corrección das respostas 10
Seminario Valorarase o traballo individual en dous aspectos: traballo escrito e exposición oral 10
Traballo tutelado Valorarase a procura bibliográfica e o traballo presentado 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Sesións maxistrais: terase en conta a asistencia e participación, e puntuaranse as respostas entregadas a preguntas que se realizan en clase e deberán ser enviadas aos profesores correspondentes.


Resolución de exercicios: valorarase a validez das respostas entregadas

Seminarios: valorarase a participación e a corrección da presentación oral

Traballos tutelados: cada titor valorará o traballo realizado, incluíndo a procura bibliográfica, a redacción do traballo e a puntualidade na realización das tarefas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000