Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Extractos Naturais como Antioxidantes
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia de forma máis áxil e eficaz ao coñecerse de antemán (ou con ampla antelación) por parte do alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen:

Manteranse todas as metodoloxías docentes planificadas, aínda que se adaptarían a un escenario "non presencial".
As "sesións maxistrais" impartiríanse telemáticamente, a través do campus remoto empregando o despacho virtual do profesor tendo o estudante todo o material docente necesario na plataforma Moovi que a UVIGO pon a disposición do profesorado.

As metodoloxías de estudos "de casos" e resolución "de problemas" manteranse como estaban planificadas, a primeira impartíndose telemáticamente a través do campus remoto e a segunda mediante entregables que se habilitarán na plataforma moovi.


As tutorías pasarán a realizarse por vía telemática no "despacho virtual" dos profesores no horario establecido para tal fin. Tamén cabería a posibilidade de concertar,
mediante e-mail unha reserva de cita para habilitar unha data e hora para a tutoria.

Modificacións (procédese) dos contidos a impartir:
Os contidos do curso mantéñense como en condicións de normalidade

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Debido á planificación realizada para a avaliación presencial, non se considera necesario realizar ningún tipo de axuste no modo de avaliación para un suposto caso de docencia non presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000