Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Análise de Aromas en Alimentos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Son unha estratexia didáctica fundamentalmente informativa que se caracterizan pola exposición
oral do profesor dun tema do programa, á vez que os alumnos toman notas (apuntamentos) dos aspectos máis relevantes do discurso.
Mediante a impartición das “leccións” alcánzanse tres obxectivos fundamentais: facilitar
información aos estudantes, promover a comprensión de coñecementos e estimular a súa
motivación e interese pola materia.
Seminario Os seminarios conforman unha ferramenta didáctica de indubidable valor xa que son un
complemento ideal e necesario do programa de leccións teóricas. Ademais, a liberdade que ofrece
esta ferramenta permite tanto complementar aspectos teóricos como prácticos nos que non se puido
profundar adecuadamente.
Consistirán basicamente na análise crítica de artigos científicos e de divulgación.
Traballo tutelado Elaboración dun traballo guiado e tutelado mediante titorías por parte do profesorado. O obxectivo que se persegue co devandito traballo non é só que o alumno sexa capaz de buscar información, senón que tamén a analice e xestione correctamente para presentala aos seus compañeiros.
Prácticas de laboratorio O programa de clases prácticas está orientado a familiarizar ao alumno co manexo das técnicas básicas da análise de aromas en determinados alimentos. As prácticas seleccionáronse de modo que o seu desenvolvemento sexa coherente co resto de actividades da materia como clases de teoría e seminarios.
Estas clases se levarán a cabo no laboratorio do centro. A finalidade desta actividade é fomentar o traballo en grupo, fomentar que o alumno aplique os coñecementos adquiridos na clase teórica, estimular a capacidade de auto-aprendizaxe e completar de forma sólida os coñecementos adquiridos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000