Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Análise de Aromas en Alimentos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Seminario Os seminarios avaliaranse mediante a entrega das actividades expostas nos mesmos.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, e RA5
20 CB2
CE2
CE9
CE10
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
CT6
CT7
CT8
Traballo tutelado A avaliación deste ítem englobará a participación do alumno no desenvolvemento e elaboración do traballo, o contido do mesmo, a súa presentación e exposición oral.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA4 e RA5
40 CB2
CE2
CE9
CE10
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
CT6
CT7
CT8
CT9
CT10
CT11
Prácticas de laboratorio Valorarase a implicación do alumno na realización das prácticas e a súa destreza no laboratorio, ademais da memoria final das diversas prácticas realizadas.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA3 e RA5
40 CB2
CG2
CE2
CE10
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
CT6
CT7
CT8
CT9
CT10
CT11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Neste
apartado da Guía Docente contémplanse distintas posibilidades de avaliación.

A. Alumnado en xeral

Por defecto o alumno avaliarase da seguinte forma:

Nota Final (NF) = Traballo Tutelado (TT=40%) + Seminarios (S=20%) + Prácticas de Laboratorio (PL=40%)

- Prácticas de Laboratorio: a califiación neste apartado suporá o 40% da nota global.



- Seminarios: a calificaciónn neste
apartado suporá o 20% da nota global.

- Traballo Tutelado: a calificación neste
apartado suporá un 40% da nota global.




B. Alumnado con responsabilidades laborais

No caso de alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais
debido a motivos profesionais (debidamente xustificados), deberán porse en contacto coa coordinadora da materia durante as dúas primeiras semanas de clase mediante correo electrónico. Devanditos alumnos se lle indicará, en función de cada caso, como deben cursar e como se lles avaliarán as metodoloxías de Seminario, Traballo Tutelado e Prácticas de Laboratorio.


Compromiso ético

O
alumno debe presentar un comportamento ético apropiado. No caso de
comportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de equipos electrónicos non
autorizados, utilización de dispositivos de telefonía móbil durante as horas de
clase...), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes,
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia, nese caso a cualificación no curso académico actual será de suspenso
(0).


Gravación
de imaxe e/ou audio

Salvo
autorización expresa por parte do profesor, non estará permitida a gravación,
total ou parcial, tanto de son como de imaxe, das clases maxistrais, seminarios
ou prácticas da materia, conforme as previsións da Lei de Propiedade
Intelectual, da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e da
Lei Orgánica de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e
Familiar e á Propia Imaxe. En función, no seu caso, do uso posterior que se lle
dese, a gravación non consentida pode dar orixe a responsabilidades civís,
disciplinarias, administrativas e, eventualmente, penais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000