Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Compostos Fenólicos, Compoñentes Bioactivos dos Alimentos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Defensa oral do traballo tutelado. O alumno deberá mostrar publicamente o dominio da información procesada en clase así como a formación autónoma adquirida coa realización do mesmo 40 D1
D11
Prácticas de laboratorio Avaliarase a asistencia e a participación do alumno ás prácticas de laboratorio. 40 A1
C4
C9
C10
D1
D11
Lección maxistral Avaliarase a asistencia e a participación do alumno ás sesións maxistrais.
20 C4
C9
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudantado terá dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado dentro de cada materia: avaliación continua ou
avaliación global. A avaliación será preferentemente continua. Aquel alumno que desexe acollerse á avaliación global
deberá comunicarllo ó coordinador da materia, por correo electrónico ou através da plataforma Moovi, nun plazo inferior a
un mes dende a data de comenzo da docencia da materia.
Os alumnos que se acollan á avaliación global serán calificados tendo en conta a nota do traballo tutelado (80 %) e a súa asistencia e participación nas leccións maxistrais (20 %)

Compromiso ético: O alumno debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético
( plaxio de traballos e uso de equipos electrónicos non autorizados durante as probas de avaliación) que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0). 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000