Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Compostos Fenólicos, Compoñentes Bioactivos dos Alimentos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Os seminarios terán como finalidade a
iniciación á lectura e comprensión de publicacións científicas relacionados cos distintos temas da materia que permitirán profundar e aplicar os contidos expostos nas sesións magistrales así como fomentar o debate no aula.

Traballos tutelados Elaboración individual dun traballo guiado e tutelado mediante tutorías por parte do profesorado. A realización deste traballo conlleva a procura de información que deberá ser analizada e gestionada correctamente para finalmente presentala de forma oral ao resto de compañeiros.
Prácticas de laboratorio Estas clases levaranse a cabo no laboratorio do centro e realizaranse en grupos de dous/tres acodes. A finalidade desta actividade é fomentar o traballo en grupo, fomentar que o alumno aplique os coñecementos adquiridos na clase teórica, estimular a capacidade de auto-aprendizaxe e completar de forma sólida os coñecementos adquiridos.
Sesión maxistral Sesións maxistrais co apoio de presentacións en Power-point e pizarra, nas que se desenvolverán os aspectos máis complexos e importantes dos temas suscitados nos contidos desta materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000