Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Monitorización e Control de Procesos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación do tratado nas leccións maxistrais se levará a cabo mediante un exame de preguntas curtas ou de tipo test realizado ao final do curso. 15 C3
C5
D1
D4
Resolución de problemas O alumno deberá de resolver, nun exame, varios problemas prácticos onde aplicará os coñecementos máis importantes da materia. 15 A2
B2
C3
D4
D5
D9
Traballo tutelado Ao longo do curso, os alumnos irán realizando unha serie de entregas que consistirán en cuestionarios e exercicios, que serán correxidos e tidos en conta na nota final. 40 B2
D1
D4
D5
D9
Prácticas de laboratorio Para cada práctica de laboratorio, o alumno deberá facer un breve informe e entregárllelo ao profesor para a súa avaliación. 30 B2
C3
C5
D1
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Convocatorias 1ª e 2ª Oportunidade

Plantéxanse dúas modalidades de avaliación: continua e global. 

A.1. Modalidade de Avaliación Continua.

A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global debe comunicalo ao responsable de materia por email, ou a través da plataforma Moovi, nun plazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia.

Neste caso, o cálculo da nota final se levará a cabo aplicando a seguinte ecuación:

Nota final=Nota exame teoría *0.15+Nota exame de problemas *0.15+Nota traballo tutelado *0.40+Nota informes de prácticas *0.30.

Para superar a materia ha de obterse unha nota igual ou superior a 5.

A.2. Modalidade de Avaliación Global

No caso do alumnado que opte pola avaliación global, o cálculo da nota final se levará a cabo coa seguinte ecuación:

Nota final=Nota exame teoría *0.35+Nota exame de problemas *0.35+Nota exame de prácticas *0.30.

Para superar a materia ha de obterse unha nota igual ou superior a 5.

B) Convocatoria Fin de Carreira

Na convocatoria de fin de carreira, o modo de avaliación e os criterios serán os indicados no apartado A.2. de Avaliación Global.

C) Datas de exames

Os exames da materia terán lugar nas datas fixadas polos Coordinadores de Máster.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000