Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Operacións de Separación Avanzadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Asistencia, atención, participación, actitude e proba tipo test 40
CE2
CE6
CE10
CT1
CT4
CT8
Seminario Asistencia, participación, actitude, realización de tarefas, calidade dos materiais entregados. Capacidade de comunicación e exposición dos traballos na aula 50
CB2
CG2
CE2
CE6
CE7
CE10
CT1
CT3
CT4
CT5
CT8
CT9
Prácticas de laboratorio Asistencia, realización de tarefas, participación, actitude e exposición de resultados en clase 10
CG2
CE2
CE10
CT3
CT5
CT8
CT9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición da acta. A nota calculásese tendo en conta as cualificacións obtidas na avaliación
da sesión maxistral, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos
tutelados, tendo en conta as porcentaxes recolleitas no
apartado de avaliación. Para poder realizar a media, a nota en cada
unha das partes ha de ser como mínimo de 4. No caso de que a nota media
sexa maior ou igual a 5, pero a cualificación dalgunha das probas sexa
inferior a 4, será esa nota limitante, que non permite facer a media, a que
figurará na acta.

Exame final Xullo.

O alumno deberá examinarse dos contidos non superados previamente.

Segunda edición da acta. Gardarase a cualificación do traballo de laboratorio, traballos
tutelados con nota igual ou superior a 5, á que se lle sumará
a obtida nesta convocatoria. Para poder realizar a
media a nota en cada unha das partes debe ser como mínimo de 4. No caso de que a nota
media sexa maior ou igual a 5, pero a cualificación dalgunha das
probas sexa inferior a 4, será esa nota limitante, que non permite facer a
media, a que figurará na acta.

O alumno que por motivos
xustificados non poida seguir a avaliación continúa, fará un “exame
final” de teoría e problemas ou casos prácticos que valerá o 90% da nota final, e un exame
de prácticas que valerá o 10% da nota final. En calquera caso, para
aprobar a materia, o alumno debe alcanzar o 50% da nota máxima en cada
unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000