Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Deseño de Procesos de Mellora e Obtención de Novas Materias Primas para a Industria Gandeira e Agroalimentaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a defensa oral e o debate na aula das conclusións do traballo de estudo e análise de cada caso proposto.
Avaliarase ademais a elaboración ordenada e debidamente fundamentada dos informes correspondentes, que se deberán entregar ó final de cada sesión.
Resultados de aprendizaxe: 1, 2, 3, 4 e 5
35 A1
B1
C9
D3
D4
D5
D8
D11
Traballo tutelado Avaliarase a xustificación do traballo proposto e realizado polos alumnos dende o punto de vista do seu interese aplicado e do seu valor e novidade científico-tecnolóxica.
Avaliarase a calidade do traballo en función do seu rigor científico e estrutura formal.
Valorarase a creatividade e innovación do traballo.
Terase en conta, ademais, a capacidade dos alumnos para identificar os puntos críticos da súa proposta e posibles alternativas.
Resultados de aprendizaxe: 1, 2, 3, 4 e 5
40 A1
B1
B2
C9
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
Presentación Avaliarase a capacidade dos alumnos para expor ordeada, clara e concisamente o obxectivo e xusitificación da súa proposta de traballo tutelado, o fundamento e desenrolo do proceso proposto, e as dificultades e solucións plantexadas.
Valorarase, ademais, a capacidade para defender a súa proposta e aceptar de forma construtiva as críticas que se plantexen no debate posterior á presentación.
Resultados de aprendizaxe: 1, 2, 3, 4 e 5
25 A4
B1
B2
C9
D1
D2
D3
D6
D8
D9
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que por unha causa xustificada e debidamente documentada non poidan asistir ás actividades presenciais, deberán realizar de forma individual as actividades previstas en aula de estudo de casos/situacións e entregar un informe sobre o que se otorgará a cualificación correspondente, á que se sumará a avaliación das cuestións que o profesor lles plantexará sobre a actividade.
No caso de non poder asistir tampouco á sesión de presentación dos traballos tutelados, procederase do mesmo modo descrito para a resolución de casos. As tarefas presenciais do profesor de aclaración de contidos e orientación sobre as actividades do curso serán sustituidas por titorías empregando os medios dispoñibles (campus remoto, correo electrónico ou teléfono si fora necesario).

Os alumnos que non superen a materia no cuatrimestre correspondente, poderán optar a unha segunda oportunidade na convocatoria de xullo cumprindo os mesmos requisitos que na avaliación do cuatrimestre.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000