Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Deseño de Procesos de Mellora e Obtención de Novas Materias Primas para a Industria Ganadera e Agroalimentaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Avaliarase a defensa oral e o debate na aula das conclusións do traballo de estudo e análise de cada caso proposto.
Avaliarase ademais a elaboración ordenada e debidamente fundamentada dos informes correspondentes, que se deberán entregar ó final de cada sesión.
15
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Avaliarase a calidade das respostas en función do seu rigor científico e orden na exposición dos resultados. 10
Traballos tutelados Avaliarase a xustificación do traballo proposto e realizado polos alumnos dende o punto de vista do seu interese aplicado e do seu valor e novidade científico-tecnolóxica.
Avaliarase a calidade do traballo en función do seu rigor científico e estrutura formal.
Valorarase a creatividade e innovación do traballo.
Terase en conta, ademais, a capacidade dos alumnos para identificar os puntos críticos da súa proposta e posibles alternativas.
55
Presentacións/exposicións Avaliarase a capacidade dos alumnos para expor ordeada, clara e concisamente o obxectivo e xusitificación da súa proposta de traballo tutelado, o fundamento e desenrolo do proceso proposto, e as dificultades e solucións plantexadas.
Valorarase, ademais, a capacidade para defender a súa proposta e aceptar de forma construtiva as críticas que se plantexen no debate posterior á presentación.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que por unha causa xustificada e debidamente documentada non poidan asistir ás actividades presenciais, deberán realizar de forma individual as actividades previstas en aula de estudo de casos/situacións e entregar un informe sobre o que se otorgará a cualificación correspondente, á que se sumará a avaliación das cuestións que o profesor lles plantexará sobre a actividade.
No caso de non poder asistir tampouco á sesión de presentación dos traballos tutelados, procederase do mesmo modo descrito para a resolución de casos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000