Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Fisioloxía do Estrés. Adaptación e Aclimaticación a Condicións Adversas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral
Os alumnos recibirán, por parte dos profesores da materia o coñecemento axeitado sobre cada un dos temas da mesma.
Estudo de casos/análises de situacións Estudiaranse na aula e/ou no laboratorio situacións nas que as plantas se vexan sometidas a algún tipo de estrés. Os alumnos terán a posibilidade de coñecer as técnicas máis axeitadas á medida das mesmas.
Debates Someteranse a debate na aula temas de actualidade relacionados co desenvolvemento da materia, nos que os alumnos terán a oportunidade de opinar e defender a súa postura con respectoa aos mesmos
Presentacións/exposicións Os alumnos terán que facer unha pequena exposición sobre un traballo que se lles asignará o inicio do curso
Resolución de problemas e/ou exercicios Presentaranse na aula, por parte dos profesores problemas relacionados cos temas propostos e se lles dará aos estudante as ferramentas e o tempo necesario para a súa resolución.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000