Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Nutrición
 Materias
  Traballo de Fin de Máster
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Atenderase ao alumno ás preguntas e dúbidas expostas durante o desenvolvemento da materia preferiblemente por medios telemáticos, baixo a modalidade de cita previa
Por correo electrónico
A través da plataforma de teledocencia MOOVI
Ou aqueles medios que dispoña a Universidade como poden ser os despachos virtuais do Campus Remoto



=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación da materia realizarase mediante un acto público de defensa do TFM, se non pode ser presencial, realizarase telemáticamente, mediante a conexión a unha aula do CAMPUS REMOTO ou aos medios que dispoña a Universidade
Para iso os alumnos necesitarán conexión a Internet, computador ou móbil, cámara, micrófono e altofalantes
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000