Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Nutrición
 Materias
  Manipulación de Alimentos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
Habida conta do carácter semipresencial deste Mestrado, únicamente será preciso establecer medidas excepcionais para aquelas accións que de forma habitual requiren pesencialidade. A continuación descríbense brevemente as medidas a adoptar:

Modalidade de docencia non presencial:
No caso de que as autoridades académicas indiquen que a docencia sexa non presencial, todas as actividades propostas para o seguimento da materia levaranse a cabo a través da plataforma de teledocencia e no campus remoto da Universidade de Vigo habilitados para tal efecto.
As titorías realizaranse a través dos despachos virtuais, concertando previamente unha cita por correo electrónico.

Adaptación da avaliación
Realizaranse nas condicións normais de semipresencialidade.
As probas de avaliación consistentes en exposición e defensa dos casos propostos e do Traballo Tutelado, no caso de que deban facerse online, realizaranse a través do campus Remoto, segundo se estableza por parte da Facultade de Ciencias e da Universidade de Vigo mediante resolución reitoral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000