Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Nutrición
 Materias
  Química e Bioquímica Alimentaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Os estudantes, en grupos de 1-2 persoas, elexirán un proxecto de mellora ou solución a problemas en productos alimentarios debidas as condicións de procesamento, problemas con ingredientes, abuso de almacenamiento, mellora da calidade nutricional, etc, coa finalidade de situalos/as no contexto da realidade industrial no eido alimentario.

O traballo pode requerir búsqueda de bibliografía, xeración de hipóteses, diseño de proyecto de investigación, análisis de datos, etc. Ao longo do periodo de impartición da materia os alumnos/as realizarán o traballo de forma autónoma e co apoio de titorías.

Con esta actividade preténdense desenvolver as competencias específicas da materia e fomentar en especial a capacidade de análise crítica para identificar necesidades ou oportunidades de mellora da calidade nutricional e funcional dos alimentos así como a capacidade para plantexar novos procesos baseados na aplicación ou desenvolvemento do coñecemento científico-tecnolóxico.
Prácticas con apoio das TIC consistirán na participación activa durante as leccións maxistráis mediante a realización de cálculos, manexo de bases de datos e ferramentas on-line.
Estudo de casos Actividades nas que se avalían publicacións científicas, formúlanse problemas e/ou exercicios relacionados coa materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000