Guia docente 2013_14
Facultad de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria. R. D. 1393/2007
 Materias
  Hidrocoloides na Industria Alimentaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos fundamentos básicos da materia. Utilización de métodos audiovisuais e nalgún caso de experimentos curtos que precisen pouco material e baixa tecnoloxía.
Seminarios Programaránse seminarios para realizar actividades nas que se plantexan casos prácticos nos que se comenta o posible emprego de diferentes hidrocoloides, discutindo acerca das vantaxes e inconvenientes de cada un deles. De ser interesante, poderáse considerar algún dos casos discutidos para realizarse na parte experimental no laboratorio.
Traballos tutelados Elaboración por parte do alumno dun documento no que se desarrolla algún dos contidos ralacionados no temario. O alumno deberá considerar as últimas investigacións e aplicacións prácticas no campo da industria alimentaria. Este documento será entregado e avaliado, tendo en consideración a redacción, e a capacidade de síntese e de organización da información.
Presentacións/exposicións O traballo tutelado elaborado será presentado en clase ante o profesor e os compañeiros. Valoraráse a organización dos contidos, e o dominio do tema exposto. Teránse en conta as respostas ás preguntas formuladas polo profesor e os compañeiros. Valoraráse tamén a participación dos compañeiros según os séus comentarios e preguntas realizadas.
Prácticas de laboratorio Realización en laboratorio de experimentación relacionada cas características dos hidroloides con aplicación práctica na industria alimentaria: capacidade espesante e capacidade de formación de xeles. Realizaránse algunhas recetas nas que se vexa esta aplicación práctica e se estéan involucrados feitos adicionáis que poidan condicionar o seu comportamento: presencia de azucres, pH ácido por traballar con cítricos, etc. Teráse en conta a actitude e aptitude no laboratorio. Poderánse facer cuestións orais durante a realización das mesmas, valorándose os comentarios/respostas obtidos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000