Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria. R. D. 1393/2007
 Materias
  Materias Primas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Por cada bloque temático impartirase unha clase de teoría a modo de sesión maxistral
previa á realización dos seminarios.
As clases teóricas desenvolveranse na aula a modo de leccións expositivas de 50 minutos de duración, con apoio de pizarra e Power Point.
O obxectivo destas clases é dobre: orientar os coñecementos básicos máis fundamentais (que o alumno debe coñecer previamente) cara aos obxectivos da materia e, por outro, introducir os aspectos máis innovadores de cada tema.
Seminarios Realizarase un seminario de dúas horas presenciais por cada bloque temático.
Para esta tarefa o profesor adiantará aos alumnos material de traballo consistente en lecturas e boletíns de cuestións para realizar de maneira individual e casos prácticos para realizar en grupos de 2 persoas.
As actividades dos seminarios iniciaranse na aula tras a exposición dos contidos teóricos, e coa asesoría do profesor.
Cada alumno/grupo entregará un informe de seminarios que inclúa os puntos fundamentais do traballo realizado (búsquedas e conclusións). A entrega do informe será obrigatoria na sesión de seminario inmediatamente posterior, e previamente á súa presentación oral.
Presentacións/exposicións As cuestións e casos prácticos desenvolvidos en cada seminario presentaranse públicamente na sesión de seminario inmediatamente posterior.
As respostas a cuestións individuais repartiranse entre os alumnos do curso.
As solucións propostas ás cuestións plantexadas en grupos debatiranse a modo de mesa redonda, abrindo unha discusión ou debate conxunto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000