Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Xardinaría
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Modalidade de docencia mixta:
Sen cambios respecto da modalidade presencial

Modalidade de docencia non presencial:
Lección maxistral: a través de plataformas dixitais
Traballo tutelado: a través de plataformas dixitais

* Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio.
Prácticas de campo.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías realizaranse tras a solicitude do alumnado a través de plataformas dixitais ou mediante correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modifican os contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non se considera necesario incluír bibliografía adicional.

* Outras modificacións
Este guía docente está planificada para permitir que a docencia sexa impartida en calquera das modalidades: presencial, semipresencial e online.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Modalidade de docencia mixta:
Sen cambios respecto da modalidade presencial

Modalidade de docencia non presencial:
* Probas xa realizadas
Manteranse as cualificacións de tódalas actividades xa realizadas.

* Probas pendentes que se manteñen
Exame de contidos mediante preguntas curtas, longas ou tipo test. Avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe. 50% da cualificación. Este exame realizarase na modalidade presencial a non ser que a Uvigo decida o contrario.
Traballo tutelado: 30%.

* Probas que se modifican
Prácticas de laboratorio, substitúese por prácticas con apoio das TIC. A cualificación será de 10%
Prácticas de campo, substitúese por estudo de casos. A cualificación será do 10%.

* Novas probas
Estudo de casos. Analizaranse situacións co obxectivo de traballar os contidos e competencias das prácticas de laboratorio.
Prácticas con Apoio das TICs. Actividades con rexistros dixitais.

* Información adicional
O exame na modalidade non presencial realizarase mediante as ferramentas que poña a disposición do profesorado a Uvigo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000