Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Ordenación do territorio e paisaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a participación activa, o interés e a calidade dos exercicios e respostas traballados durante as sesións. Na avaliación continua, a nota obtida durante estas sesións sumarase á do examen final segundo se explica posteriormente. Avalíanse os RA1, RA2 e RA3. 35 A3
A4
B1
B2
C20
C47
C48
C50
C55
C58
C60
D2
D3
D4
D5
D8
Traballo tutelado Valoraranse tanto a calidade dos traballos como a participación de cada un dos integrantes no caso de traballos grupais. Tamén a claridade das exposicións dos traballos e a capacidade de comunicación. Avalíanse os RA2, RA3 e RA4. 20 A3
A4
B1
B2
C20
C47
C48
C50
C55
C58
C60
D2
D3
D4
D5
D8
Saídas de estudo A avaliación desta actividade realizarase directamente en base á asistencia ás saídas de campo e indirectamente a partir dos resumos e informes sobre a mesma. Avalíanse os RA2 e RA3. 10 A3
B1
C47
C50
C55
C58
D2
D4
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas tipo test (V/F) e de resposta múltiple no que se avaliará o coñecemento adquirido durante as sesións maxistrais, seminarios e saídas de campo. Para aprobar a materia é preciso alcanzar unha nota mínima que varía segundo se explica posteriormente. Avalíanse os RA1, RA2, RA3 e RA4. 35 A3
B1
C47
C48
C50
C55
C58
C60
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse neste apartado da guía docente distintas
posibilidades de avaliación que se poderán aplicar en cada oportunidade: fin de
bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de carreira. 



A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación
continua. Quen desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame
oficial) debe comunicarllo á responsable da materia, por mail ou a través da
plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da
materia.

CONVOCATORIA FIN DE BIMESTRE/ CUADRIMESTRE E SEGUNDA
OPORTUNIDADE-XULLO: 



A persoa matriculada poderá decidir se quere ser
avaliada de xeito continuo ou global e debe comunicar á persoa coordinadora a
cal se acolle. Nos dous casos, aínda que con distinto peso con respecto á nota
final, é obrigatorio a realización dunha proba final de tipo test. O detalle
das formas de avaliación a escoller é o seguinte: 

a) Avaliación continua: puntúase
a calidade dos traballos ou probas realizados pola/o estudante durante o
bimestre mediante a avaliación de diferentes aportacións Tamén se ten en conta
a valoración dun traballo tutelado e a súa exposición. Desta maneira, a nota
final (NF) da materia estará conformada por: exame final (EF=35%) + seminarios
(S=35%) + traballo tutelado (TT=20%) + saídas de estudos (SE=10%).



NF(100%)=EF(35%)+ S(35%)+ TT(20%)+SE(10%).  



Neste tipo de avaliación, é condición que se alcance
un 50% da nota do exame final (EF) para que o resto das probas podan ser
contabilizadas na nota final (NF). Estas puntuacións terán validez ó longo de
cada curso académico e serán sumadas á do exame final, tanto na convocatoria
fin de bimestre como na segunda oportunidade sempre que a persoa matriculada
así o exprese. 
 


b) Avaliación global: non
se realiza o traballo tutelado e non se teñen en conta as puntuacións obtidas
nas entregas dos seminarios. A nota final (NF) do alumno estará conformada por:
proba final (PF=100%) onde se responderá a preguntas relacionadas coa materia
explicada durante as clases teóricas e os seminarios. 

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:



A persoa matriculada que opte por examinarse en fin de
carreira será avaliada unicamente co exame (que valerá o 100% da nota) do mesmo
xeito que na avaliación global explicada anteriormente. 



Datas de exames: 



Fin de carreira: 25/09/2022. 16:00 h. 



Fin de bimestre: 04/04/2024. 16:00 h. 



Segunda oportunidade: 11/07/2024. 10:00 h.  



No caso de erro na transcrición das datas de exames ou
modificación posterior á elaboración desta guía docente, as datas válidas serán
as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web
del Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000