Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Fitopatoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba escrita en base a preguntas de tipo test ou de respostas corta e
larga. Se avaliarán os resultados de aprendizaxe RA1 a RA4.
40 A3
A4
C54
C64
D2
Seminario Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma a partir
de Lecturas de artigos científicos ou capítulos de libros.
Traballos en equipo para redactar un informe e así mesmo
presentalo o profesor e ós seus compañeiros. Se avaliarán os
resultados de aprendizaxe RA1 a RA4.
15 A3
B2
C54
C64
D3
D4
D5
D8
Prácticas de laboratorio preguntas relacionadas coas prácticas e outras actividades da
materia nas que tamén se avaliará a participación e actitude
colaborativa. Se avaliarán os resultados de aprendizaxe RA1 a RA4
15 A3
A4
B1
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita de resposta curta, resolución de ciclo enfermidade fitopatóxena. Avaliaranse os resultados de aprendizaxe RA1 e RA4. 30 A3
A4
C54
C64
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A modalidade de avaliación contínua é
preferente. Para elo utilizarase a secuencia de actividades que se realicen.No caso de que se queira optar pola modalidade
de avaliación global (100% da calificación no exame final) deberá ser
comunicado a profesora coordinadora a través da plataforma MOOVI ou por email,
como máximo un mes despois do inicio das clases.Os estudantes que non poidan asistir ás clases
prácticas e os seminarios deberán entregar un documento que xustifique,
debidamente, o motivo polo que non van asistir a estas actividades. Para estes
estudantes o sistema de avaliación será tamen continuo, pero deberán elaborar
unha memoria de actividades, similares ás que se realizan en seminarios e en
prácticas, segundo lle indique a profesora coordinadora da materia.E requisito imprescindible acadar como mínimo
o 40% da cualificación en cada un dos apartados para poder superar a materia.Para a segunda edición manteranse as
cualificacións parciais obtidas, podendo ser melloradas a petición do estudante
no caso de que non sexan presenciais.A convocatoria Fin de Carreira será un único
exame final cun valor do 100% da cualificación.

Data dos Exames:
Fin de Carreira 29/09/2023 ás 10:00 h.
1ª edición 05/06/2024 ás 10:00 h.
2ª edición 15/07/2024 ás 10:00 h.



En todo caso, se as datas dos exames non
coinciden coas datas publicadas pola Facultade de Ciencias, prevalecerá o
establecido na súa páxina Web e no taboleiro de anuncios.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000