Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Ampliación de tecnoloxía alimentaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos aspectos máis importantes dos
contidos do temario da materia, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou
proxecto a desenvolver polo estudante.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, á resolución de problemas e casos
prácticos que permiten profundar ou complementar os contidos da materia.
Prácticas de laboratorio Actividades nas que se realizará a aplicación directa dos coñecementos teóricos desenvolvidos nas leccións maxistrais. As prácticas de laboratorio realizaranse presencialmente.
Saídas de estudo Realizaranse na medida do posible visitas a empresas relacionadas. Visita de instalacións. Observación.
Aprendizaxe-servizo Organización de actividades e distribución de tarefas. Inicio de procura de información. Preparación de temas que permitan trasladar ás asociacións rurais aspectos relacionados coa composición, calidade e conservación de froitas e verduras desde a perspectiva sanitaria e nutricional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000