Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Instalacións industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización dun exame no que se incluirán aspectos de toda a materia, tanto teóricos como de carácter práctico. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 40 B3
C38
C40
C41
C42
D2
D5
Seminario Resolución autónoma, tanto en aula como fora de aula,
dos exercicios e estudos de casos prantexados. O alumno pode ter apoio/orientación nas horas de titoria
ou a través da plataforma de teledocencia de Universidade de Vigo.
Con esta metodoloxía evaluaránse todos os resultados da aprendizaxe
30 A4
B3
C38
C40
D5
Traballo tutelado Valorarase a elaboración do documento, tendo en conta as fontes de información empregadas, a información presentada, a súa organización e correcta redación. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 15 A4
B3
D2
Presentación Como emisor: Valorarase a organización e síntese do material presentado, a claridade na exposición e a resposta ás preguntas realizadas. Como receptor: Valorarase a participación no turno de preguntas despois da exposición dos compañeiros, considerando os comentarios/cuestións realizadas. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 15 A4
B2
B3
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  1. A avaliación é continua
    (modalidade de avaliación preferente) aínda que o alumnado poderá dispoñer como
    alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
    realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo
    ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma
    Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da
    docencia da materia. 
  2. Alumnos
    con responsabilidades laborais
    :
    considerarase por defecto que os alumnos seguen a materia nunha modalidade
    normal cando teñen dispoñibilidade horaria para asistir ás actividades
    docentes. No caso de alumnos que non poidan facelo, deberán porse en
    contacto coa responsable da materia durante as 2 primeiras semanas de clase
    mediante correo electrónico. Estes alumnos deberán aducir motivos
    razoables e probados (normalmente de índole laboral) para tal elección e
    indicaráselle, en función de cada caso, como deben cursar e examinarse das
    diferentes metodoloxías.
  3. É necesario aprobar o exame de toda a
    materia
    (obter un mínimo de 5 puntos sobre 10). De non superarse esta
    cualificación mínima, a cualificación da materia será a que corresponde a
    este exame, ca correspondente ponderación.
  4. No caso de alumnos que non asistan ás
    metodoloxías de "seminarios" (Entrega dos exercicios plantexados
    para a súa resolución) terán a posibilidade alternativa de realizar un
    exame adicional, na mesma data que o exame xeral, que incluirá cuestións
    ou problemas relacionados cos aspectos da materia tratados nos exercicios
    antes mencionados.
  5. No caso de alumnos que non asistan
    presencialmente ás metodoloxías de "Presentacións/exposicións"
    poderán subir un video gravando a súa exposición á plataforma de
    teledocencia, e posterior contestación via chat ou mensaxe as preguntas
    plantexadas polos compañeiros e polo profesor. Aternativamente poderán
    suplir a non asistencia mencionada intensificando a participación en
    "Traballos tutelados", apartado éste que pasará a ter unha
    cualificación de 30% neste caso. 
  6. En Xullo o alumno poderá optar por
    examinarse das partes do exame ou das metodoloxías que non superara
    na convocatoria de Xuño, ou ben daquelas que desexe superar a
    súa anterior cualificación obtida na convocatoria de Xuño. Asignaráselle a
    maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias.
  7. Aqueles alumnos que tendo feito menos do 30%
    das metodoloxías "seminarios" (Resolución e entrega
    dos exercicios propostos),  "traballos tutelados" e
     "Presentacións/exposicións" e non se presenten aos exames,
    a cualificación que obterán será a de "non presentado". Nos
    demáis casos aplicaráse a cualificación obtida seguindo as ponderacións e
    requisitos expostos.
  8. A comunicación cos alumnos realizaráse a través de
    Moovi.
  9. Aqueles alumnos que se presenten á convocatoria
    "Fin de Carreira", a
    súa cualificación corresponderá ca obtida no exame, que incluirá aspectos
    relativos a conceptos abordados nas clases expositivas, problemas e/ou
    exercicios resoltos en clase, e exercicios ou temas propostos para
    realización fóra de aula e posterior entrega.
  10. Datas
    oficiais previstas para a realización dos exames
    : 24 de xaneiro de 2024 ás 10:00 e 4 de xullo de
    2024 ás 10:00. A data para a realización do exame "Fin de
    Carreira" será o 20 de setembro de 2023 ás 10:00. Ante posibles
    modificacións consultar datas no taboleiro e na web do Centro.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000