Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Xestión da calidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Valoraranse cun máximo do 30% da nota final; desta porcentaxe un 10% será para cualificar a entrega puntual e o outro 10% para cualificar a resolución do caso e un 10% para puntuar a participación activa nos seminarios. Con esta metodoloxía avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe. 30 B1
B2
B3
C35
C37
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D10
Probas de resposta curta Realizarase unha única proba de preguntas curtas. Nelas avaliaranse as competencias adquiridas polo alumno a través de preguntas directas dun aspecto concreto relacionado cos temas expostos nas clases maxistrais. Esta proba representa o 60% da nota final. Con esta metodoloxía avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe.
60 B1
B3
C35
C37
D1
D3
D4
D5
D10
Probas de autoavaliación Realizaranse a través da plataforma TEMA ao finalizar a exposición de cada tema nas clases maxistrais. Estas probas deberán enviarse ao profesor no período de tempo establecido. Unicamente outorgaráselles unha puntuación do 10% da nota final aos alumnos que entreguen correctamente cumprimentadas todas as probas de autoevaluación e no período establecido. Con esta metodoloxía avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe. 10 B1
B3
C35
C37
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia considerarase superada se se cumpren os seguintes requisitos:

1º. Obter unha nota igual ou superior a 5 na proba de respostas curtas.
2º. A nota media ponderada de todas as metodoloxías avaliables sexa igual ou superior a 5.

Aos alumnos que en 1ª convocatoria non superen a nota mínima establecida para a proba de preguntas curtas, gardaráselles a cualificación do resto de actividades para a 2ª convocatoria do ano en curso.

Os alumnos que non poidan asistir ás clases presenciais por motivos laborais debidamente xustificados cualificaráselles do seguinte modo:
- Probas de resposta curta: 70%
- Seminarios: entrega de seminarios resoltos: 25%
- Probas de autoevaluación: realizadas no período establecido: 5%

Para superar a materia debe de alcanzarse a metade da puntuación máxima en cada unha das partes avaliables.

Datas de exames:
Fin de Carreira: 6-outubro-2016 16h
1ª Edición:  30-Maio-2017 10 h
2ª Edición:  14-Xullo-201716 h

En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.
Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000