Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Introdución á enxeñaría química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización dun exame de toda a materia, con cuestións sobre os conceptos teóricos

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
15 A2
B1
B3
C31
C39
D5
Seminario Realización dun exame de toda a materia, incluíndo varios exercicios.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
40 A2
B1
B3
C31
C39
D5
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación da resolución de exercicios (algún realizaránse y entregaránse durante as horas de seminario e outros entregaránse a través de Moovi).

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
25 A2
B1
B3
C31
C39
D5
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia, actitude e aptitude no laboratorio, así como a memoria de prácticas.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
20 A2
B1
B3
C31
C39
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Sistema de avaliación: a modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo ó responsable da materia, por email (a gil@uvigo.gal) ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia.

2) Avaliación final do bimestre (1ª edición da acta):


2.1) Exames (55% da nota global): é necesario obter un mínimo (4.5 sobre 10) nos exames oficiais para poder aprobar a materia. Nos exames poderase indicar requisitos adicionais para superar a materia (como obter un mínimo de puntuación en algunha parte do exame ou que haxa preguntas eliminatorias).

2.2) Prácticas de laboratorio (20% da nota global): a asistencia ás prácticas de laboratorio (como mínimo ao 70% das sesións) e a entrega da memoria é obrigatoria para poder aprobar a materia na modalidade presencial. 

2.3) Resolución de problemas de forma autónoma (25% da nota global): a cualificación neste apartado será a suma das obtidas en cadaunha das entregas de exercicios que realice o alumno.

2.4) Cualificación da materia:
  • Para o alumno que supere os exames (cun mínimo de 4.5 sobre 10), a cualificación será a suma da dos exames máis as das prácticas de laboratorio e da resolución de problemas de forma autónoma (aplicando as correspondentes porcentaxes sobre a nota global):
NOTA = 0.55*(NOTA EXAMES) + 0.25*(NOTA RESOLUCIÓNPROBLEMAS) + 0.20*(NOTA PRÁCTICAS)
  • Para o alumno que non supere os exames, a cualificación da materia será a dos exames (en base 10):
NOTA = (NOTA EXAMES)
  • "Non presentado": só aplicarase ao alumno que non teña ningunha cualificación en ningunha das metodoloxías.
3) Convocatoria de fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnos nas outras oportunidades existentes ao longo do curso.

4) Avaliación final (2ª edición da acta): na segunda edición, o alumno poderá elixir entre que se lle manteña a nota das metodoloxías de "Resolución de Problemas de Forma autónoma" e "Prácticas de Laboratorio" (valoradas respectivamente co 25% e 20% da nota total) e que o exame represente un 55% da nota global, ou que non se lle manteña algunha delas (sumándoselle a porcentaxe desta metodoloxía ao do exame). A opción por defecto será manter as notas obtidas na primeira edición da acta.

5) Comunicación cos alumnos: a comunicación cos alumnos(cualificacións, convocatorias, etc) realizarase a través da plataforma Moovi.

6) Exames: as datas oficiais para a realización dos exames son:
  • Fin de carreira: 27 de setembro de 2023 ás 16:00 h.
  • 1ª edición: 3 de xuño de 2024 ás 16:00 h.
  • 2ª edición: 11 de xullo de 2024 ás 16:00 h.
As datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias. En caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

7) Compromiso ético: espérase que os estudantes presentes un comportamento ético adecuado. En caso de detectar malas prácticas como copia, plaxio, utilización de calquera aparello electrónico nona utorizado expresamente (normalmente só permitirase o uso de calculadora) considerarase que o alumno non reúne os requisitos adecuados para superar a materia e a súa cualificación global será de 0.0, en cumprimento do Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario , artigo 13.2.d, relativo aos deberes dos estudantes universitarios : "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000